Artigos etiquetado ‘Romaxe’

Romaxe dos Remedios 2013

Publicado: Setembro 10, 2013 en Festexos
Etiquetas:, ,

Estamos ansiosos porque chegue e nostálxicos cando remata. Despois de que os metereólogos nos quixesen augar a festa, resultou que Lorenzo se puxo do noso lado e quentou ata ben entrada a tardiña. Foron moitas as anécdotas que se poderían contar: pérgolas que voan, megaconstrucións que non sobreviven á primeira noite, unha sesión vermouth amenizada pola mellor charanga da contorna, a Madialeva…

Comida a esgalla, unha tarde soleada… e unha noite máis fría do habitual, iso si, que algún inconsciente quixo quentar ás 3.00 da mañá a base de prender lume no posto de roscas

Outro ano máis cheiños de pó, de conversas a carón dos amigos, de bailes improvisados na carballeira ou de caídas dignas do programa Vídeos de 1.@ .

Agardaremos 363 días para repetir a experiencia; mentres tanto, aquí vos deixamos algunhas das imaxes que se puideron ver no Alto do Cesar. Deica o próximo festexo! 😉

IMG_1414IMG_1434

IMG_1408IMG_1435IMG_1413IMG_1457IMG_1460

Fotos: Cris Ele Gue