Traballaba na fábrica de Thomas Edison mentres preparaba un novidoso motor. Este tipo de oportunidades só se presentan unha vez na vida, pensou. Dedicaríase por completo a ese proxecto, creando en 1899 a Detroit Automobile Company.

Os comezos nunca foron doados e conlevan certos riscos pero Henry Ford tiña claro o que desexaba, fabricar vehículos baratos a gran escala. Os fracasos dos primeiros automóbiles perxudicaron a súa imaxe, polo que Ford se decatou de que a única forma de darlle prestixio á empresa era mediante as carreiras de autos. E así foi, os éxitos na World Championship fixéronlle formar unha nova empresa, a Henry Ford Company e ese foi o “pistoletazo de saída”.

Os primeiros bosquexos da produción en cadea foron os modelos A, B, C e N e, o coche que revolucionaría a historia do automobilismo coa súa chegada ao mercado, foi o famoso Ford T. A partir dese intre todo foi rodado. Milleiros de autos percorrendo o mundo e… o Camiño de Santiago non ía ser menos!

O Club del Ford T y Ford A en España cos seus “clásicos” chegados desde Roncesvalles, estacionaron a pasada tarde-noite en Sarria. Despois de cinco días de peregrinaxe afirmaron que: “a experiencia está a ser moi enriquecedora; ter o privilexio de gozar das paisaxes e da gastronomía da península grazas a outra das súas paixóns, os Ford”.

Roncesvalles , Logroño, Santo Domingo de la Calzada, San Juan de Ortega, Burgos, León, Astorga… son algúns dos lugares onde pararon para repoñer forzas e para e colocar o correspondente selo nas súas credenciais.

José Santos, integrante do Club, comenta que é a súa primeira vez e que está a ser xenial descubrir os recunchos da xeografía española desta forma. Asimesmo, non descarta repetir o ano que vén. Despois duns petiscos por terras sarriás, hoxe emprenden rumbo cara Melide.

Pasaron algo máis de 100 anos desde que apareceron os primeiros Ford pero a situación non é tan diferente na actualidade. Só acadan os seus soños os que loitan por eles, os que confían, os que procuran solución pero, sobre todo, os que diariamente traballan para conseguir os seus obxectivos. Henry Ford foi un emprendedor, e se seguimos o seu exemplo?

Boa viaxe, compañeir@s! Vémonos no Camiño!

This slideshow requires JavaScript.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s