Parafraseando a Sabina: Nos sobran los motivos!

Publicado: Setembro 11, 2013 en Facendo camiño
Etiquetas:, , , , ,

Cansancio, enfermidade, experiencias, ilusión, fé… É difícil escoller un motivo que equipare a todos os peregrinos. Pq se realiza o Camiño de Santiago? Cal é a motivación que nos leva a achegarnos ao corner de Europa?

Moitos dos viaxeiros comezan sós, veñen sen orientación e cun propósito claro; vivir unha aventura que os axude a encontrarse consigo mesmos, a alonxarse do vacío que lles proporciona a súa vida. Outros deciden emprender unha nova etapa, un roteiro que lles faga recobrar determinados valores de humanidade; é a inclinación natural dos humanos pola naturaleza, pola vida sinxela.E na meirande parte dos casos, alén dos motivos relixiosos, realizan este percorrido para meditar e facer turismo polo noso país.

O Camiño non é doado, non todos están acostumados a andar, á choiva, ás corredoiras, a dor de pés… todo queda relegado a un segundo plano cando se divisan as montañas, os sendeiros e, por suposto, cando se saborean os manxares da gastronomía galega.

Quizais só existe unha resposta; o camiño é un punto de inflexión na vida para que poidamos gozar das nosas virtudes e defectos e, intentemos superarnos. Ofrecer o mellor de cada un e chegar a Catedral de Santiago; onde despois de moito esforzo cumpramos co obxectivo; acadar a Compostelana.

A comunicación é inherente ao Camiño; sexa verbal, física ou espiritual… non importa onde estemos, cada peregrino en cada paso achegará uns valores; será un punto de encontro entre almas, na procura de acontecementos significativos e inesquecibles e … proba diso, é que todos acabamos repetindo… por algo será?!

Grazas a tod@s os peregrinos por compartir esta traxecto con nós. Cada xornada laboral resulta máis gratificante ao formar parte da vosa aventura. Sodes miles os que a diario nos acompañades e, desde este humilde recuncho, grazas de corazón!

DSC_0006

DSC_0122

DSC_0155

DSC_0163

DSC_0095-1-1

DSC_0112

Fotos: Cris Ele Gue 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s