Dime cantos mercados visitaches e direiche cantos segredos coñeces!

Publicado: Setembro 4, 2013 en Mercados
Etiquetas:, , , , , , , , ,

Romper coa rutina, deambular sen preocupacións, reparar en cada obxecto e por un intre, ser alleos aos problemas.  Os mercados ofrécennos a cara e a cruz. É certo que neles existe un balbordo que, en ocasións, mesmo chega a ser ben molesto; mais sen saber moi ben como, conseguimos abstraernos. Temos sensación de liberdade, tomamos alento, andamos aos biosbardos ata que… zas! albiscamos algo que verdadeiramente nos atrae, un produto polo que suspiramos e aí radica a maxia!

Foron e serán fonte de vida, neles intercambiamos conversas, consellos, costumes… O contacto é algo que se está perdendo: unha aperta, un bos días ou un: canto tempo sen verte! …  e amosamos un sorriso ata que se deita o sol.

Estes espazos conseguen que sexamos espontáneos, que nos relaxemos e que as présas desaparezan. Supoño que esa é unha das causas pola que en cada viaxe caemos na tentación. Quen se pode resistir a coñecer a cultura dun país por medio dos segredos que agocha cada un dos emblemáticos mercados? Persoalmente son poucos os lugares que tiven oportunidade de visitar pero gardo un gran recordo de todos eles.

A lembranza máis lonxana pertence á bela Toscana, á espectacular Florencia; o Mercato de San Lorenzo. Botando a ollada atrás outra das “feiras”por antonomasia é o Rastro de Madrid onde cada domingo os turistas descubrimos a esencia castiza.

E de súpeto, viaxamos na memoria ata a cidade do Támesis, onde Portobello Market é un dos máis visitados do Reino Unido. Un mercado onde poderedes achar desde antigüidades ata todo tipo de curiosidades, pasearedes por algunha das localizacións da película Nothing Hill e, sen que se me esqueza, os amantes da boa cervexa estades de noraboa xa que poderedes saborear unha Estrella Galicia sen saír desa mesma rúa… si, si… o que estades lendo! Xa vedes amigos, os produtos de calidade atópanse en todos recunchos do planeta! 😉

Market en Nothing Hill

Alén deste, Londres conta con magníficos e pintorescos mercados como Borough Market ou Brick Lane  entre outros, pero un dos máis coñecidos é o de Camden  e despois de visitalo, deseguro que seredes poucos os que non teñades ganas de volver.

Camden

Mercato_FirenzeLondres 037Londres 042Londres 050Londres 051Londres 121Londres 124Londres 119

Fotos: Cris Ele Gue

Quedan moitos lugares por visitar; O Gran Bazar en Turquía, o Mercado flotante de Dammnoen Saduak en Bangkok, o orixinal Mercado das flores en Ámsterdam  ou  La Boquería en Barcelona, pero antes de que iso aconteza temos unha cita importante na nosa axenda, a III edición do Street Market lucense organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo en colaboración co Concello de Lugo ; a Deputación ; a Fundación TIC  e a Federación de Comercio da provincia.

Mañá, xoves 5 de setembro, uns 70 comercios da cidade moverán os seus produtos a rúa con descontos de ata o 70%.

Lucus Augusti convertirase nun gran mercadillo onde a cor laranxa será a gran protagonista desde as 11.00h. ata as 20.00h.

Por suposto, este será o próximo espazo no que me relaxe. E vos? Ides deixar pasar semellante oportunidade?

Streetmarket-LugoStreetmarket-LugoStreetmarket-Lugo

Sincronicemos reloxos, vémonos a partir das 11.00 h no centro de Lugo!

Pd: Para os que non poidades achegarvos aquí fica unha pequena selección de mercados con encanto que algún día visitaremos!

Feria de San Telmo, Bos Aires, Arxentina

Mercado das pulgas de Hell’s Kitchen, New York, USA

Mercado nocturno de Temple Street, Hong Kong, China

Mercado nocturno de Patpong, Bangkok, Tailandia

Chandni Chowk, Delhi, India

Mercado de Antigüidades de Naviglio, Milán, Italia

Les Puces, Paris, Francia

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s